Últimas Noticias Ponte al Punto

💜 VigoPorté 2026 : Más que baile, una experiencia compartida

Un fin de semana lleno de música, aprendizaje, emociones y momentos que recordaremos durante mucho tiempo. Estas nuevas imágenes reflejan la energía, la ilusión y la conexión que vivimos juntas en VigoPorté. Gracias a todas las alumnas que formáis parte de esta aventura y hacéis que cada experiencia sea única. 💃✨

Últimas Noticias

2º Puesto en VigoPorte 2026

NZURI conquista o 2º posto no Internacional Vigo Porté

O pasado fin de semana do 3 de Maio vivimos unha experiencia difícil de esquecer.

O noso grupo, formado por mulleres de diferentes idades e moitas delas sen experiencia previa sobre un escenario, participou por primeira vez no certame internacional de danza VigoPorté 26, un dos eventos máis importantes do panorama nacional e internacional.

O que comezou como unha pequena “tolada” acabou converténdose nun reto transformador para todas nós. Meses de ensaios, nervios, inseguridades, aprendizaxe e moita ilusión que culminaron cun momento inesquecible: conseguir o 🏆 2º posto na Categoria Folkore.

Máis alá do premio, o realmente importante foi todo o vivido durante o proceso. Para moitas das integrantes significou romper medos, atreverse a expoñerse e demostrar(se) que nunca é tarde para facer algo por primeira vez.

Este proxecto, dirixido por Adriana, nace coa intención de utilizar a danza como ferramenta de autoestima, liberdade e empoderamento feminino, creando espazos onde as mulleres poidan sentirse visibles, fortes e capaces.

Actualmente seguimos gravando o documental “Bailar tamén é un acto de valentía”, que recolle todo este camiño e a transformación persoal das participantes.

Porque ás veces os maiores logros non son os trofeos… senón atreverse a dar o primeiro paso. ✨

Fuimos, Bailamos y Ganamos

🎬 Seguimos grabando 

Documental Ponte al Punto Adriana Graña

A participación no Vigo Porté forma parte ademais dun proxecto audiovisual moi especial no que seguimos traballando actualmente: o documental “Bailar tamén é un acto de valentía”.

A través desta peza queremos mostrar todo o que normalmente non se ve detrás dun escenario: os nervios, os medos, as inseguridades… pero tamén a evolución, a forza e a transformación persoal de cada unha das participantes.

O documental recolle a historia real dun grupo de mulleres de diferentes idades que decidiron atreverse a facer algo completamente novo para elas, demostrando que nunca é tarde para romper límites, recuperar a confianza nunha mesma e volver sentirse viva.

Máis alá do baile, este proxecto converteuse nun espazo de unión, autoestima e empoderamento feminino que xa está emocionando a moitas persoas que seguen o proceso a través das redes sociais.

Porque ás veces, o paso máis difícil non é subir a un escenario…
senón decidir atreverse a facelo. ✨

✨ Isto non vai só de bailar.

Acompáñanos neste camiño:
ensaios, backstage, nervios, risas, competicións… e moita verdade 🖤

Síguenos para vivir todo o proceso desde dentro ✨

© Diseño Powered by Adriana 2026

Information icon

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.